No recibo de compra xa desgastado polo paso dos anos aínda se pode ler que este poemario foi mercado: o cinco de agosto do 2021 na Libraría Lila de Lilith de Santiago de Compostela. É mar de esteiro e outros poemas de ana fernández (manteño as minúsculas da cuberta).
Unha noite rescátoo do andel que está situado fronte á cama. É un andel de obra cuberto de madeira que me gusta moito. É de noite e a lámpada alumea só a parte do cuarto máis próxima á cama, polo que busco no andel pechando un pouquiño os ollos. E unha noite silandeira de verán. Déitome boca arriba, as pernas espidas, unha saba de floreciñas amarelas descansa aos meus pés. Abro o poemario.
Atravesamos los árboles
sobre el filo
Se tumbó a contraluz
sobre los cortes brillantes
que perfilan la roca
y el viento se abalanzó en la noche.
Vimos sus cuernos alzados
hacia los últimos rayos de sol
su pelaje oscuro.
la fuerza.
Nos recogimos junto al fuego
mientras las estrellas caían
y todo cantaba a través de la piedra
y tú me abrazaste con el saco de dormir
para que no pasase frío
y fuera el viento
se abalanzó en la noche.
//
O val vaime abrindo
as mans
de landras e choiva
A auga e o fume
sementan carreiros
por entre as costas
do monte
Onte o miñato matoume unha pita
atopeina na cortella
toda comida
e aberta
E vino entrar no castiñeiro
batendo calado a punta das ás
E despois o ceo esqueceu
as noites máis calmas
E fíxome pensar
en ti.