os días previos de investigación, a viaxe en coche, a espera, a comida, a xente escalando, nós trepando, traveseando, a sidra e a cervexa á sombra dos piñeiros, o camiñar campo a través
como describir a luz cada vez máis parda do non-solpor, os insectos e paxaros despertando á non-noite, a lúa comendo de a poucos o sol e entón a totalidade: cans ladrando e nós ladrando
o vermello tinguindo a silueta dos montes
a abertura inmensa do campo aberto
a nosa pequenez ao descuberto
a nosa contención ao descuberto, derrubada
a escuridade abrazada pola luz
bágoas
un, dous, tres…
abrir os ollos ao novo non-amencer
//
Eclipse total de sol, agosto 2026 (QUE ABSOLUTA MARABILLA PRESENCIAR ISTO!!!!!!!!!!)
