De certo, a vida ía en serio

Poema de Xela Arias en “Intempériome” (y unas palabras suyas)


De certo, a vida ía en serio.

Por iso morrer non conta
números.

Eras moza,
cómplice nunha derrota que non
sumabas
. Feliz por terte insomne
por inmortal.

Xa temos cadáveres amigos
e coñecidos,
sabemos da morte o legado inútil.

Pero que ridículo!, non?,
abrazar o feito feliz de xa medrar
—camiñar ás aforas—
en tempos asepticamente tan
Alienados.


//

«Que soy conscientísima de que utilizar una lengua minoritaria me cierra puertas: que eso no me hará cambiar de idioma».

[…]

«Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertenece, aínda, aos derrotados.

Son irregular, a miña vida tamén o é; no maremoto dos esforzos inútiles ás veces entrégome docilmente á toxicidade. Na poesía, coma na vida, non comprendo a ordenada sistematización; elixo unha sorte de anarquía».

//

Leave a comment