Agora teño unha carnicería na consciencia

Yolanda Castaño en su ‘Libro da egoísta’


Agora teño unha carnicería na consciencia. Imos tragando devagar as horas máis difíciles, os fervores difíciles e pobres, unha única ilusión en bata e zapatillas. Un escenario pobre onde nos destoren a rabia. Cólleme da man, amor, e vamos esfolgar galiñas pobres sobre o noso leito. Coma o músculo que chora no país interior dos espellos. As palabras parvas, parapléxicas. Tómate outra vez, amor, a pastilla da felicidade, traga, amor, con azucre e moita fe a ver se fai efecto. Este frío infame e de anos que non cura. 

Para min non era isto. E sei que é duro abrazarme tan duro abrazarme. Os arrabaldes de odio manso que se nos mete debaixo das unllas. Cántas veces che dixen que hai verbos que non teñen imperativo e se non calas máis forte morrerei por berrar coas mans abertas que eu non me refería a nada disto. O perdón non era isto e ganchíllame cogumelos para metelos entre os ollos e ver se así non vemos o que se nos vai caendo por detrás. E así o pulmón que se nos abre por dentro pedindo algo coma tolo. Pero a escaleira grisada dende que todo te empezou cunha lúa de mentira e moitos nervios. Entón tamén a miña ansia. Agora é cando se achegan ó meu redor todos os indixentes coas caras pobres e tampouco sen imperativos. Pero daquela tamén a miña ansia. As miñas pernas reinantes que non coñecen perdón, esa falacia. E despois de todas as visitas, de todas as tazas con almanaque e poucas armas, agacharemos as pancartas de que o coñecemento é pura decepción pero polas noites non pegaremos os ollos por mor dese cantil tan despiadado. Ven, amor, a contemplarmos cómo nos merendamos os despoxos. 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: