Unha néboa espesa póusase sobre a cidade dende primeira hora. Pasa devagar entre os edificios, toca a auga do mar, sobe polo monte, parece que se dispersa pero insiste. E nós queremos ir a escalar. Unha das opcións é ir ao Xalo, pero hai que esperar a ver como evoluciona esa néboa porque “a néboaContinueContinue reading “Néboa, elixir camiño (e equivocarse tres veces), o pracer dos granitos afiados, e o can que non quería marchar do monte”
Author Archives: Laura M.
Agosto, lúa, lume, marea, meigas e “non me era dabondo cunha cidade rodeada de océano”
1. Agosto. O sol cae sobre o verde, un verde tinguido de dourado… agostado? Nas novas escoito sobre os incendios en moitos sitios e dóeme dun xeito que me humedece os ollos. Nas novas leo sobre ringleiras na Coruña pola apertura dunha cadea de cafeterías e doéme dun xeito que me incendia os ollos. 2.ContinueContinue reading “Agosto, lúa, lume, marea, meigas e “non me era dabondo cunha cidade rodeada de océano””
Coñecer de todo un só prado é unha experiencia para toda a vida
Hai libros que me parece unha falta de respecto compartir en redes sociais. É o caso do que estou a ler agora mesmo, Camiño de volta, historias dunha vida sen tecnoloxía, de Mark Boyle. Nel, o autor conta e comparte reflexións sobre o tempo que decidiu pasar afastado da tecnoloxía. De cal? Que é tecnoloxía?ContinueContinue reading “Coñecer de todo un só prado é unha experiencia para toda a vida”
Quero escoitar todo o que unhas e outras escaladas queiran dicirme
(I) Amencemos na aldea dunha amiga; de noite, o son dun forte temporal; de día, os tellados mollados, o sol asomándose entre as nubes xa algo desfeitas, as pingas aínda escorregando por fóra das fiestras. Almorzamos e falamos cos ollos aínda con legañas, vestímonos e saímos fóra a ver a que ule o día eContinueContinue reading “Quero escoitar todo o que unhas e outras escaladas queiran dicirme”
Voy a gastar en mirar al cielo todo el tiempo que me queda
Escribo dende o salón da miña casa na Coruña, a noite de borrasca deste sábado deu paso a unha mañá de domingo solleira e chea de paxariños, fai un fermoso día e eu escribo coa emoción de mil bolboretas no bandullo. O motivo? Estou emocionada por comezar este texto, o primeiro da nova vida queContinueContinue reading “Voy a gastar en mirar al cielo todo el tiempo que me queda”
Estiro la mano hacia dentro para sacar los restos
«Preguntada sobre la intención de su escritura, en una entrevista hace ya unos años, Matilda Södergran (Finlandia, 1987), cita a Birgitta Trotzig: “El diálogo con lo insoportable, lo irresoluble, no debe interrumpirse”». Ese es el comienzo del prólogo del libro Los Delirantes de Södergran, traducido del sueco por David Guijosa. A continuación, uno de susContinueContinue reading “Estiro la mano hacia dentro para sacar los restos”
Quero sentar espida sobre campos de vacas e néboa
Selección de poemas de Lupe Gómez recogidos en “Os teus dedos na miña braga con regra”. Quérotesen que veñasao meu caróncomo algo fixo. // Mentres me fas rirentras cos teus líquidosna miña bragae móllasme desexo e auga. // Se non foses sensibleiríamecomo unha vacasoa na miña historia. // Vou aos bosquesa amare atópomea min mesma,perdida. //ContinueContinue reading “Quero sentar espida sobre campos de vacas e néboa”
Por fin dou sombra coma as árbores
Poema de Olga Novo titulado “Premontaña” y recogido en su poemario “Feliz Idade”. Tiven a premonición de que ía devir unha montaña. Sentín os minerais facer chispas na mentee fun pián pián ata o centro mesmo da terrasentir como espatexas e como o útero me medraata alcanzar a dimensión exactada poesía. Agora son cóncava ouContinueContinue reading “Por fin dou sombra coma as árbores”
Parín sen dor e con pracer
Poema de Xela Arias en “Intempériome”. Parín sen dor e con pracerEstou parindotodo instante que penetro ou mepenetra.Solpor, máquinas, liortas,bicos, días, trasnos…Parir, aprendo linguas.
dentro do meu pan está o meu veleno
“MEDIDA PLANETARIA. POÉTICA TRES. O POR QUE DOS VELENOS”. Poema de Emma Pedreira en ‘Casa de orfas’ Imaxinei de vez cómo sería vixiar as noitessabendo de esqueletos fondeando embaixo da casa.Polo mesmo vixío os meus propios ósos soterrados no/adentro de mine cómo poderían traizoarme os animais violentos que acarreo.Qué loita sería a que espertase oContinueContinue reading “dentro do meu pan está o meu veleno”