dentro do meu pan está o meu veleno

“MEDIDA PLANETARIA. POÉTICA TRES. O POR QUE DOS VELENOS”. Poema de Emma Pedreira en ‘Casa de orfas’


Imaxinei de vez cómo sería vixiar as noites
sabendo de esqueletos fondeando embaixo da casa.
Polo mesmo vixío os meus propios ósos soterrados no
/adentro de min

e cómo poderían traizoarme os animais violentos que acarreo.
Qué loita sería a que espertase o movemento da noite á alta
/hora
en que é imposíbel lembrar todo o do corpo para apuntalar
/dominios.
Cómo é que aínda son a única que se nomeou asasina
cando en verdade todos temos o coitelo ou a palabra
/atragoados no revés da man.

O veleno é só unha fórmula de non tocar a pel,
unha única salvedade para tender a boca de través e baleirar
/un espanto de corpo
sobre o óso enteiro.
É único movemento de pechar e amasar arteria principal con
/semente
como quen fai un pan moi limpo e mol.
Que coma que queira, que vixíe cada quen este equilbrio;
dentro do meu pan está o meu veleno,
e pola casa
todo o meu corpo
que agarda
con fame. 

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s

%d bloggers like this: